bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

Este é un evento repetitivo

26feb21:30The Solo SessionsCONCERTOS | De balde21:30 Máis Palá

Máis

Detalles do evento

Para solistas amateur ou pro que buscan un oco para tocar ou cantar estilos dos máis visibles como o rock, folk, pop, jazz, blues… Pero tamén para os músicos e/ou instrumentos que NON atopan sempre o seu espazo nas jams e nas salas: rap, opera, heavy, experimental, música clásica/conservatorio, etc.

Fomentando un espazo para músicos timidos e para xente nova, o pracer de tocar un solo onde te poidan oír, pero sen verte, xa que estarás, literalmente, nun espazo de 1m cadrado entre dúas prantas. Case como tocar na casa.

Todos os estilos musicais son benvidos, excepto os que conteñan letras racistas, homófobas ou excesivamente vulgares.

Os solistas actúan nun oco entre as 2 prantas. Así, non se pode ver ao solista, só poderás oílo. Haberá un descanso entre cada solo para facilitar a mobilidade do publico e dos artistas.

Non se pode subir ou baixar as escaleiras mentras alguén esté actuando (cada músico ten un tempo aproximado de 2-3 temas, uns 10 min.)

Por cortesía, aínda que o estilo non sexa do voso agrado, e aínda que sendo un bar non pedimos silencio total, pedimos que non se fale moi alto no transcurso das actuacións.

Hora

(Mércores) 21:30

Lugar

Máis Palá

Rúa de Manuel Núñez, 18, 36203 Vigo, Pontevedra

X