Concerto de The Root's Band no Palacio da Oliva
Detalles do eventos
A inauguración do Palacio de la Oliva a finais do ano pasado causou gran expectación na cidade. Emprazado nun dos edificios con máis historia de Vigo a súa
Detalles do eventos
A inauguración do Palacio de la Oliva a finais do ano pasado causou gran expectación na cidade. Emprazado nun dos edificios con máis historia de Vigo a súa rehabilitación era unha asignatura pendente. A súa orixe remóntase aos cabaleiros templarios e tras moitos anos de abandono o pasado mes de decembro abriu as súas portas reconvertido nun espazo gastronómico e cultural. Nos seus 4.700 metros cadrados, alberga tres propostas culinarias pensadas para diferentes ocasións; todas elas dirixidas polo chef Estrella Michelin Pepe Solla.
Os xoves pola noite, o Palacio de la Oliva ofrece música en directo na planta baixa do edificio nunha zona denominada The Root Concert. Este xoves 23 de marzo ás 21:00 horas poderemos escoitar en directo a The Root’s band, unha agrupación que nos fará bailar con grandes temas dos 80 e os 90.
O xoves 23 de marzo ás 21:00 horas no Palacio de la Oliva. Entrada 10,00€ con consumición (venda anticipada no Palacio de la Oliva)
Máis
Hora
23 marzo, 2023 21:00(GMT+01:00)
Localización
Pazo da Oliva
Rúa da Laxe, 2, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes