Detalles do eventos
The Reading Room é un colectivo vigués que xira arredor da lectura. Ao longo do ano organizan un club de lectura e outras actividades que
Detalles do eventos
The Reading Room é un colectivo vigués que xira arredor da lectura. Ao longo do ano organizan un club de lectura e outras actividades que teñan os libros como protagonistas.
A súa última proposta é organizar unha quedada de lectura colectiva no parque do Castro, preto dos restos arqueolóxicos. Ao longo da mañá do sábado 11 de xullo, desde as 11:00 h ata mediodía, propoñen o seguinte:
Lectura en silencio · 11.00 h
Leva o teu libro, unha toalla ou unha cadeira e simplemente senta.
Durante 40 minutos lerase xuntos, cada quen co seu propio libro, compartindo un mesmo espazo e un mesmo momento.
Intercambio de libros · 11.40 h
Ao rematar, quen o desexe poderá participar nun intercambio de libros.
Leva algún libro que xa liches e, quen sabe, quizais volvas para a casa cunha nova historia entre as mans.
Comunidade + peche · 12.00 h
Para quen queira quedar, haberá unha hora máis para coñecer xente nova, participar en pequenas actividades e seguir compartindo a mañá.
Hora
11 xullo, 2026 11:00 - 13:00(GMT+02:00)
Localización
Monte O Castro
Paseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


