VIALIA
bannerPicnicSesions

The Rapants + Galician Army

16dec22:00The Rapants + Galician ArmyCONCERTOS | Desde 10,00€22:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

The Rapants chegan a Vigo para encher de bo ambiente a Fábrica de Chocolate Club.
Os muradáns son a fábrica de baile do momento en Galicia. Unha auténtica festa para celebrar o lanzamento dos seus dous últimos singles ‘O Avión’ e ‘A vida’ (este último en colacboración con Grande Amore) que supoñen o punto de partida do novo disco ‘O Corasón como un Áfter’ que despergará a principios do ano 23. Un último concerto para pechar o ano e que pon fin á xira “Nic Bahía” con 25 bolos para o recordo.

A esta festa súmanse os Galician Army, colaboradores da banda que non querían perderse unha data tan sinalada.

Venres 16 ás 22:00

Entradas á venda en www.ataquilla.com

Máis