
Detalles do eventos
O Festival Underfest Xacobeo regresa aos principais escenarios de Vigo coa súa oitava edición convertido en cita de referencia do outono musical galego. O festival mantén a súa
Detalles do eventos
O Festival Underfest Xacobeo regresa aos principais escenarios de Vigo coa súa oitava edición convertido en cita de referencia do outono musical galego. O festival mantén a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta musical variada nun cartel que aglutinará como sempre distintos estilos. A lendaria banda THE PSYCHEDELIC FURS é primeiro nome confirmado do festival Underfest Xacobeo 2025, que se celebrará os días 14 e 15 de novembro en diferentes espazos da cidade.
Nacidos en 1977 na era post-punk londinense e liderados polos irmáns Richard e Tim Butler, son desde entón e por dereito propio, un dos nomes destacados e indispensables da escena musical británica. Na súa traxectoria atopamos oito álbumes de estudio que nos deixaron enormes cancións como ‘Love My Way’, ‘Pretty In Pink’, ‘Heaven’, ‘The Ghost In You’ e ‘Heartbreak Beat’, entre outras.
Cun estilo moi recoñecible onde a crueza se atopa co romanticismo e a melancolía, a influencia que deixan en infinidade de artistas actuais é incuestionable. Os seus directos seguen sendo poderosos, como demostra a súa exitosa última xira europea. Máis de 40 anos de carreira e continúan en plena forma.
Os primeiros abonos xerais para o festival unha vez máis se esgotaron aos poucos minutos de poñerse á venda, sen coñecerse ningún artista do cartel, mostra da confianza do público nas propostas que ofrece o festival. Entradas para o concerto de The Psychedelic Furs á venda o venres 16 maio a partir das 10:00 h en Ataquilla.
UNDERFEST XACOBEO
Galardoado co premio a BEST INDOOR FESTIVAL nos Iberian Festival Awards, o Underfest Xacobeo chega á súa oitava edición como un dos festivais máis especiais que se desenvolven na nosa comunidade, escapando das programacións habituais e repetitivas, mantendo a súa aposta por brindar unha oferta musical diversa e de calidade, que inclúe artistas e bandas consagradas xunto ao mellor talento por descubrir. Inclusión, paridade, sustentabilidade e o compromiso por mellorar ano tras ano, coidando a artistas e público para poder ofrecer a mellor das experiencias posibles. Un formato moi coidado, con recintos de aforo limitado nos que gozar do artista nas distancias curtas, nunhas condicións que cada vez agradecen máis os verdadeiros amantes da música.
Máis
Hora
14 novembro, 2025 22:00(GMT+01:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual