VIALIA
bannerPicnicSesions

The Mirror + Rheia Gorecki

13mai21:30The Mirror + Rheia GoreckiCONCERTOS | Desde 8,00€21:30(GMT+02:00) Molotov

Detalles do eventos

THE MIRROR

“Pódese soar á vez a Red Hot Chilli Peppers, Janis Joplin e Led Zeppelin e saír airosos do intento? Pódese, e ademais con nota. Os galegos The Mirror demóstrano, porque a todo isto e moito máis soa o seu disco debut homónimo, unha posta de longo ao grande na que nos brindan trinta e oito minutos de brillantez nos cales fusionan o mellor do rock, o funk, o soul e o hard rock.” – David González da revista musical Rock4 Spain

RHEIA GORECKI

Rheia Gorecki comezou en 2018 como unha colaboración entre Catu e Adrián. En 2021 publicaron o seu primeiro traballo, “VVV”, unha coedición á que se sumaron catro selos independentes (The Braves Records, La Rubia Producciones, Quebranta Records e Nooirax Producciones). Na actualidade están a apostar por un potente directo no que son acompañados por unha banda que completan Paula Rego á batería e Héctor Ojea nas guitarras. Os temas de “VVV” e outros inéditos poderán escoitarse na sala Molotov o próximo 13 de maio, acompañando á banda viguesa The Mirror.

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO

Other Events