BannerRevistaSetembro21

agosto, 2021

21ago21:00The ManuelesCONCERTOS | De balde21:00 Deilán praia

Detalles do eventos

A banda The Manueles chega a Deilán Prai o sábado 21 de agosto ás 21H. The Manueles é un grupo de surf rock que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo na California dos últimos anos cincuenta. Manuel Freitas, emigrante galego en California, creou o grupo xerminal do estilo sen chegar a gravar nunca un disco, The BlaCk Rinchas. A pesar do seu inexistente legado discográfico, a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale e incluso ó pioneiro da guitarra eléctrica Link Wray.

O repertorio de The Manueles baséase nese legado de segunda man, para investigar a dimensión sonora que Freitas creou indirectamente con The Black Rinchas. Con respecto cara esa tradición tamén revisan algún standard de jazz rebozado no que poderíamos chamar un Black Rincha flavouring.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Deilán praia

barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa

X