REVISTA ABRIL

03feb19:00The Lunatics, o grupo afeccionado de teatro que naceu dun club de lecturaESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+01:00) AV San Miguel de Oia

Detalles do eventos

THE LUNATICS Theatre Company é un grupo afeccionado de teatro en inglés, nacido a finais de 2019 e dirixido por Patrick J. S. Freeman, profesor e condutor de varios grupos de lectura de inglés na cidade de Vigo.

Tras a paréntese da pandemia, en abril de 2022 o grupo representou a súa primeira obra no Auditorio do Centro Cívico de Teis: “A Queen and Three Slaves”, de Richard Caulfeild Goodman, unha farsa en tres actos ambientada no antigo Exipto.

En xullo de 2023 volveron a escena no mesmo auditorio coa estrea de dúas novas pezas, tamén en ton de comedia: “Murder at Merryweather Mansion”, de Lauren Jones e “Duck!?”, de Bob Tucker.

O vindeiro sábado 3 de febreiro, o grupo presenta unha versión mellorada de ambas as dúas obras, esta vez no Auditorio de San Miguel de Oia, grazas á colaboración da Asociación Veciñal responsable deste centro.

A entrada é gratuíta, e nesta ocasión o público terá oportunidade de coñecer o labor de AVEMPO (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra), e realizar algún donativo de xeito totalmente voluntario.

Máis

Hora

3 febreiro, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

AV San Miguel de Oia

36390, Camiño Currás, 34, 36390 Oia, Pontevedra

Other Events