>

07ago(ago 7)20:0008(ago 8)23:59The Jazz StreetFESTIVAIS E FEIRAS | De balde 20:00 - 23:59 (8)(GMT+02:00) Ponteareas

Detalles do eventos

Ponteareas viaxa aos anos vinte con dúas xornadas dedicadas ao jazz e á cultura swing. O programa inclúe oito concertos en directo, obradoiros de baile para todos os públicos, animación musical polas rúas e un espazo infantil con xogos tradicionais. O público tamén está convidado a vestir de época para completar a ambientación.

Venres

Venres, 20:00 h – Praza Maior – Recuncho Infantil
Recuncho infantil con xogos tradicionais de madeira para que os máis pequenos tamén vivan o espírito dos anos 20.

Venres, 20:00 h – Praza Maior – David Taboada Quartet
Formación de Ponteareas con novos músicos e unha proposta de jazz fresca, elegante e chea de personalidade.

Venres, 21:30 h – Praza Maior – Teshuva Band
Unha proposta que une o klezmer con sons doutras culturas nun concerto cargado de matices.

Venres, 22:30 h – Praza Maior – Swing On!
Obradoiro de baile onde poderás aprender os pasos básicos nunha clase aberta para todos os públicos. Impartida por Swing On Vigo.

Venres, 23:30 h – Praza Maior – St James Dixie Band
O son do dixieland toma as rúas con animación itinerante do cuarteto St James Dixie Band.

Venres, 00:30 h – Praza Maior – Layuca
Unha explosiva fusión de funk, jazz, blues e ritmos afrocubanos cun directo cheo de ritmo e forza.

Sábado

Sábado, 20:00 h – Praza Maior – Recuncho Infantil
Recuncho infantil con xogos tradicionais de madeira para que os máis pequenos tamén vivan o espírito dos anos 20.

Sábado, 20:00 h – Praza Maior – Diego Nogueira Quinteto
Unha proposta que fusiona jazz, latin, funk e folklore galego cun son moderno e á improvisación.

Sábado, 21:20 h – Praza Maior – David Guerreiro Cuarteto
Desde Ámsterdam e con raíces en Ponteareas, presentan un jazz contemporáneo inspirado nas emocións cotiás.

Sábado, 22:20 h – Praza Maior – Swing On!
Obradoiro de baile onde poderás aprender os pasos básicos nunha clase aberta para todos os públicos. Impartida por Swing On Vigo.

Sábado, 23:20 h – Praza Maior – Valentín Camaño Quartet
Un repertorio de composición propia onde as melodías e a sensibilidade marcan a identidade do seu último traballo.

Sábado, 00:50 h – Praza Maior – Mr. River
Jazz, rock, blues, funk e música tradicional galega únense nun son propio que define o “River Style”.

Hora

7 agosto, 2026 20:00 - 8 agosto, 2026 23:59(GMT+02:00)

Localización

Ponteareas

Parque Da Feira Vella, 36860 Puenteareas

Other Events