![REVISTA NADAL](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2024/12/BANNER-REVISTA-NADAL.jpg)
The Fuzztones
07dec21:30The FuzztonesCONCERTOS | Desde 22,00 €21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Os míticos Fuzztones volven a España co seu directo para ofrecer uns concertos onde o fuzz e o seu tórrido son garagero farán as delicias
Detalles do eventos
Os míticos Fuzztones volven a España co seu directo para ofrecer uns concertos onde o fuzz e o seu tórrido son garagero farán as delicias dos fanáticos deste graxento e escuro estilo musical.
New York, 1980. Rudi Protrudi forma parte da banda Tina Peel, unha combinación de son Bubblegum e as últimas rabexadas do Punk. Non completamente satisfeito co son da banda decide dar forma a The Fuzztones para dar saída á súa paixón polos sons máis primitivos, cavernosos e psicodélicos dos Sesenta sempre cos Sonics como punto de partida.
Desprezados nun principio pola crítica da cidade que lles acusa de meros revivalistas, o seu número de seguidores multiplícase a medida que se van sucedendo os seus directos en salas tan míticas como o CBGB ou o Mudd Club e convértense nunha das bandas principais da explosión Garagera da cidade. O seu primeiro disco, o xa lendario single “Bad News Travel Fast”, publícase en 1984, un auténtico clásico do Garage-Rock atemporal.
Máis
Hora
7 decembro, 2024 21:30(GMT+01:00)
Séguenos nas redes