JORGE PARDO

THE ELVIS CONNECTION

22mar22:00THE ELVIS CONNECTIONCONCERTOS | Desde 10,00 €22:00(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Ladies and gentlemen… ELVIS IS BACK!!!

Xa hai 45 anos que ELVIS PRESLEY abandonou o edificio… pero da man de THE ELVIS CONNECTION, as súas cancións volven con máis forza que nunca…

Elvis Presley é unha icona do século XX e unha das figuras máis relevantes da historia da música, como testemuñan os seus máis de cen discos de ouro, platino e multiplatino… e para renderlle un tributo excepcional, reúnense en Vigo THE ELVIS CONNECTION, unha banda liderada polo reputado crooner ALBERTO CUNHA e que conta nas súas filas con músicos cunha amplísima bagaxe e traxectoria musical, como DAVID VÁZQUEZ (Moon Crista) ao piano, ANDRÉS CUNHA (Sinistro Total, Os EP) á batería, CHUS DASILVA (Os EP) ao baixo, JAVIER SOTO (Sinistro Total, Resentidos) á guitarra eléctrica…

O repertorio confórmano os éxitos inesquecibles de ELVIS PRESLEY, cancións de sempre como HEARTBREAK HOTEL, LOVE TENDERME, KING CREOLE, SUSPICIOUS MINDS, BURNIN LOVE, etc… facendo un perfecto percorrido pola extraordinaria carreira dunha das figuras máis importantes da música mundial.

VOLVE ELVIS…
Un concerto único e excepcional…
Con todos vostedes, THE ELVIS CONNECTION…

Compra as túas entradas AQUÍ

Máis

Hora

22 marzo, 2025 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events