abril, 2019

27abr21:30The Dub Yard Festival #2CONCERTO | Desde 12,00€21:30 Sala Rebullón

Máis

Detalles do evento

The Dub Yard Records presenta a segunda edición do seu evento anual que reúne principalmente a artistas que participan no selo musical e compañeiros do movemento reggae galego.

Nesta edición temos como convidados especiais ó artista francés Manu Bypass aka Anti Bypass, realizando un espectáculo “Live Dub”, e os compañeiros vigueses Transilvanians. Estes últimos achéganse nesta edición despois de grabar no estudo The Dub Yard o seu último LP xunto co artista internacional Roy Ellis.

Como cada ano, o colectivo Elephants Yard fai a súa aparición en escea, e nesta ocasión presentando catro mini-concertos denominados “Showcase” con ritmos orixinais do seu selo The Dub Yard Records, interpretados por diversas formacións de músicos que participan no selo e liderados ó micro por Paula Herrero aka High Paw, Sutta aka Victor Laligator del Sutta, Chou aka Andrés Seoane e Mr. Mou aka Ricardo Mouriño.

A noite comeza cunha selección de vinilos a cargo de La Madriguera Roots & Dub que nos deleitará co mellor Roots para ir quecendo o ambiente.

En resumo, Dub Yard Festival pretende motivar a escena reggae e a música en directo a través desta presentación, nun espazo acondicionado para o desfrute sónico da música como é a marabillosa Sala Rebullón, e contando cun espazo de acampamento, todo emprazado nun entorno idílico no alto da ría de Vigo, Mos.

INFO BÁSICA

Sábado 27 Abril do 2018 de 21:30 a 04:00 horas
Sala Rebullón – Centro Cultural As Pedriñas
Avd. do Rebullón, 23. Mos ( a dez minutos do centro de Vigo )

Pónse á disposición dos asistentes unha zona cuberta e outra zona verde para acampar. Este espazo encóntrase no interior da finca do Centro Cultural As Pedriñas e é de uso único para os asistentes ó evento.

LINE UP

21:30 – 23:00 La Madriguera Roots & Dub ( Vinyl Selection )
23:00 – 00:15 Transilvanians
00:30 – 02:15 Elephants Yard ( Four Showcase )
02:30 – 04:00 Manu Bypass aka Anti Bypass ( Live Dub )

ENTRADAS

Anticipada: 12€ ( Ata 26 Abril )
Taquilla: 16€ ( 27 Abril )

Entradas físicas anticipadas á venda no Centro Cultural As Pedriñas (Mos), Honky Tonk e Elepé (Vigo), Tabertenda (Salceda de Caselas)

Hora

(Sádado) 21:30

Lugar

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

X