BANNER CANS
BANNER GALAXIA

09mai21:30THE DONKEY RIDERSCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Incisivas guitarras, desgarradoras e ancestrais harmonías vocais, ritmos de batería esmagadoras e negroides; son os ingredientes que conforman o austero e primigenio son de The Donkey Riders. O trío aposta pola vía máis auténtica e salvaxe da música afroamericana, interpretándoa de maneira descarada e singular.

O combo está formado por Jon Aira (Errenteria) á guitarra, Martí Elías (Barcelona/Vitoria-Gasteiz) á batería, e Iker Piris (Tolosa) á voz e á guitarra.

Cun repertorio composto de temas orixinais e adaptacións do xénero, The Donkey Riders ofrece un espectáculo dinámico e estimulante.

Se queredes suar e vibrar, a crueza estilística de The Donkey Riders apaixonaravos e atraparavos nun bucle hipnótico cargado de decibeis.

Máis

Hora

9 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events