
19xuñ21:00The DartsCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios
Detalles do eventos
O grupo de Phoenix, Arizona, é unha das xoias da coroa de Alternative Records, a discográfica de Jello Biafra. A súa concepción do rock débelle
Detalles do eventos
O grupo de Phoenix, Arizona, é unha das xoias da coroa de Alternative Records, a discográfica de Jello Biafra. A súa concepción do rock débelle moito á psicodelia e ao garaxe. Formadas en 2016, co obxectivo de “reunir a catro mozas capaces de facer ruído (e do bo) na escena garage rock, ver mundo e pasar cada noite coma se fose unha gran festa”, non deixaron de crecer.
En só uns meses pasan a formar parte da escuadra de Alternative Tentacles, o selo de Jello Biafra, e publican o seu segundo traballo de estudo, ‘I Like You But Not Like That’ (2018). Na súa posta de longo abarrotan o escenario principal do festival Punk Rock Bowling de Las Vegas. O circuíto de presentación do disco incluíu unha extensa xira por Estados Unidos viaxando de costa a costa xunto a The Damned. Tamén actúan en festivais europeos con grupos como Rancid, L7, Turbonegro ou Dead Kennedys e mesmo no Hipnosis Festival de Ciudad de Mexico.
Máis
Hora
19 xuño, 2024 21:00(GMT+02:00)
Localización
Radar Estudios
Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual