>

11ago22:00The Corrs en CastrelosCONCERTOS | 15,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O xoves de xullo saen á venda as entradas para o concerto de The Corrs en Castrelos, que terá lugar o martes, 11 de agosto, ás 22:00h. O sistema será o mesmo que nos anteriores concertos: habilitaranse dúas quendas, unha de mañá (9:00 – 14:00 h) e outra de tarde (16:00 – 21:00 h), onde se poderán mercar tanto de xeito presencial no despacho de billetes de Castrelos ou online na web municipal vigo.org. En cada quenda poñeranse á venda 2.000 entradas presenciais e 500 en liña. Cada persoa pode adquirir ata catro entradas, que son nominativas, polo que é obrigatorio levar o DNI das persoas que van acudir á actuación.

The Corrs actuarán o martes 11 de agosto dentro do ciclo de concertos de Vigo en Festas 2026. Esta confirmación supón a segunda gran aposta internacional da programación, despois do anuncio do puertorriqueño Chayanne para o 30 de xullo, e únese ás actuacións de Viva Suecia (14 de agosto) e Iván Ferreiro (15 de agosto) nun cartel que promete emoción, diversidade estilística e celebracións multitudinarias no pulmón verde da cidade.

Formada na década dos 90 en Dundalk (Irlanda), The Corrs é unha banda familiar composta polos irmáns Andrea, Sharon, Caroline e Jim Corr coñecidose pola súa singular mestura de pop‑rock contemporáneo con raíces da música tradicional celta. Desde o seu álbum de debut Forgiven, Not Forgotten (1995), a banda vendeu máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, acadou éxito internacional nas listas e converteuse nun referente do pop celta con clásicos como ‘Breathless’, ‘Runaway ou What Can I Do?’.

Aínda que o grupo fixo unha pausa no seu percorrido para centrarse nas súas vidas persoais, regresou áen 2015 e desde entón continúa enchendo auditorios e festivais por Europa e América con actuacións que celebran tanto os seus grandes éxitos como a súa persistente capacidade de combinar enerxía pop, harmonías e evocacións folk.

PROGRAMA

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 16 de xullo – Molotov
  • 18 de xullo – Coral Casablanca
  • 24 de xullo – Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne
  • 1 de agosto – Noite de zarzuela
  • 7 de agosto – Abraham Mateo
  • 9 de agosto – Ópera Nabucco
  • 11 de agosto – The Corrs
  • 14 de agosto – Viva Suecia
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro
  • 16 de agosto – Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos

Hora

11 agosto, 2026 22:00(GMT+02:00)