RevistaXuño23

31mar22:00The Blues MoonshinersCONCERTOS | 6€22:00 La Pecera

The Blues Moonshiners

Concerto de The Blues Moonshinerso 31 de marzo en La Pecera.

The Blues Moonshiners é un trío de Blues anello que nace en 2018 e no que se mestura o estilo de blues rural, country blues e música folk con raíces afroamericanas dos anos 30, 40 e 50. Este proxecto está formado polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado polo armonicista Ramón Figueira e o percusionista Fran Trilli. A súa música defínese como Blues de destilación ilegal, de aí o seu nome «Moonshiners» que fai referencia aos destiladores de whisky ilegal na América profunda. Divertida combinación musical que leva o blues e o country-folk ao seu estado máis primitivo coa peculiar mestura de instrumentos de época como guitarra, harmónica e rudimentarios instrumentos de percusión.

Venres 31 de marzo ás 22h en La Pecera.

Máis

Hora

(Venres) 22:00

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

X