21xul22:00The Black KeysCONCERTOS | De balde / 15,00 €22:00(GMT+02:00)
Detalles do eventos
O dúo estadounidense The Black Keys actuará en Castrelos o 21 de xullo. The Black Keys é un grupo estadounidense de rock formado en Akron, Ohio no 2001. O grupo está
Detalles do eventos
O dúo estadounidense The Black Keys actuará en Castrelos o 21 de xullo. The Black Keys é un grupo estadounidense de rock formado en Akron, Ohio no 2001. O grupo está formado por Dan Auerbach (guitarra, voz) e Patrick Carney (batería). O seu son potente diferenciounos desde os seus inicios. Con álbums como Rubber Factory e Brothers, alcanzaron a fama mundial, fusionando riffs pegadizos cunha autenticidade palpable.
As 5000 entradas para a platea sairán á venda o martes 15 de xullo. O sistema de compra será o mesmo que o ano pasado: haberá opción presencial en Castrelos (4000 entradas) e tamén en liña na web do Concello (1000), tanto en horario de mañá como de tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas). Cada persoa pode mercar un máximo de catro entradas. É preciso levar o DNI, tanto propio como unha copia do documento das outras persoas que van acudir, xa que as entradas son nominais e intransferibles. As entradas teñen un prezo de 15 €.
Lista de concertos | Cachés (con IVE) | Prezo das entradas na platea
12/7 Ana Belén | 195.415 € | 10 €
16/7 Infantil: ¿De qué color es un beso? | Por confirmar | Gratis
17/7 Gente de Zona | 169.400 € | 10 €
18/7 Trueno | 289.190 € | 12 €
21/7 The Black Keys | 479.765 € | 15 €
24/7 Rozalén | 153.670 € | 10 €
26/7 Coral Casablanca | 46.585 € | Gratis
31/7 Vanesa Martín | 163.350 € | 10 €
1/8 Ópera La Traviata | Por confirmar | Gratis
3/8 Jason Derulo | 550.368 € | 15 €
9/8 Ópera Turandot | Por confirmar | Gratis
12/8 Infantil: La Bella y la Bestia | Por confirmar | Gratis
15/8 UB40 ft. Ali Campbell | 291.368 € | 12 €
16/8 India Martínez | 169.400 € | 10 €
Hora
21 xullo, 2025 22:00(GMT+02:00)

