REVISTA ABRIL

THE BEST MAGIC TRICK IN THE WORLD

05feb18:00THE BEST MAGIC TRICK IN THE WORLDPEQUERRECHOS | 5,00 €18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

THE BEST MAGIC TRICK IN THE WORLD, Magia en la Manga

Autoría, dirección, escenografía, deseño de son, deseño de iluminación, vestiario e música: Magia en la Manga
Intérprete: Carlos Tomico

Cal é o mellor truco de maxia do mundo? Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentará responder o atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo para descubrir novas formas de facer maxia e a importancia de coñecer e valorar outras culturas. Un espectáculo completamente en inglés, no que o público empregará o idioma de xeito natural e lúdico. Adaptado ás idades e ao seu nivel para asegurar unha Experiencia máxica, divertida e educativa.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events