CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Testemuñas desde Palestina

13nov18:00Testemuñas desde PalestinaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) Edificio Redeiras

Detalles do eventos

O mércores a partir das 18.00 horas, o edificio Redeiras acollerá a xornada “Testemuñas dende Palestina”, unha iniciativa que xurde como resultado das sinerxías entre a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e a súa Área de Equidade e Cooperación e o grupo UVigo por Palestina co obxecto de amosar a solidariedade coa causa palestina e en liña cos punto 8 e 9 do manifesto aprobado polo Claustro. Ademais, a actividade é parte do programa de actividades da organizadas ao abeiro do convenio da RGCUD (Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento) e conta con financiamento da Cooperación Galega.

O acto, que será inaugurado polo reitor, Manuel Reigosa, pretende expresar a solidariedade coa causa palestina dende unha óptica multidisciplinar. Na mesa redonda participará Susana Fernández, de Movemento pola paz e o Desarme, unha ONGD que ten en marcha varios proxectos en Palestina. Outro dos convidados será Moncho Iglesias, escritor e tradutor formado na Universidade de Vigo, que foi mestre de castelán en Belén, a onde non volveu dende 2013. Ademais, a mesa redonda contará tamén coa participación de Sami Ashour, gazatí residente en Galicia e presidente da Asociación Galaico Árabe Jenin. O debate será conducido pola profesora Iria Vázquez Silva, do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, que traballa no eido da socioloxía das migracións e da socioloxía do traballo e de xénero.

A xornada complétase coa actuación musical de Najla Shami, cantante e compositora galega, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, que creceu entre Galiza e Kuwait.

Máis

Hora

13 novembro, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

Edificio Redeiras

Praza do Berbés

Other Events