Territorio do brincar – A Movida

maio, 2018

15mai20:30Territorio do brincarCINEMA | De balde20:30 A Cova dos Ratos

Máis

Detalles do evento

Proxección documental “Territorio do Brincar “. Un documental que nos fai ver a importancia do xogo nos nenos, no que desenvolven ferramentas para a vida e o máis importante, aprenden a coñecerse eles mesmo. Aínda que os adultos non entran nas imaxes deste filme, o espectador sentirase, sen dúbida, representado pola potencia do xogo destes nenos. Asumimos unha linguaxe, cuxa proxección non é ser didáctico, confiando na comuniciaión por medio da forza sensible dos nenos.
Entre abril de 2012 e decembro de 2013, os documentaristas e esposos Renata Meirelles e David Reeks, acompañados polos seus fillos, percorreron Brasil. Visitaron comunidades indíxenas, rurais, quilombos (lugares onde fan comunidade os descendentes de escravos negros), grandes metrópolis e a rexión do noreste brasileiro, para amosarnos o país a través dos ollos dos seus nenos. Renata e David rexistraron sutilmente a espontaneidade coa que os nenos xogan. En cada encontro xurdiron diálogos e intercambios, a través de xestos e espresións nos que investigadores e nenos aprendían os uns dos outros.

Hora

(Martes) 20:30

Lugar

A Cova dos Ratos

Rúa de Romil, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X