VIALIA
bannerPicnicSesions

TerraCeo: Pol 3.14

03set21:00TerraCeo: Pol 3.14FESTIVAIS E FEIRAS| 16.75 €21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Pol 3.14 regresa á terraza do Mar de Vigo. Será o próximo 3 de setembro ás 21 horas. O cantante madrileño volve ao mesmo espazo no que compartiu un atardecer inesquecible o pasado ano co público do Festival TerraCeo. As entradas xa están á venda en www.teuticket.com.

O autor de himnos como “Bipolar” ou “Eternamente” esgotou aforo rapidamente o ano pasado e ofreceu un concerto no que as emocións afloraron con gran intensidade na terraza. Foi un atardecer coa temperatura perfecta e unha posta de sobre as Cíes especialmente bonita. Coa súa participación no Festival, Pol 3.14 súmase a un reducido grupo de artistas que trunfaron na primeira edición de TerraCeo e regresan para reencontrarse co seu público. Los Secretos, Carlos Sadness ou Kiko Veleno son algúns deles.

Coa incorporación de Pol 3.14, o Festival TerraCeo 2021 alcanzará os 52 concertos programados este verán. Ata o momento, ben como artistas principais, ben abrindo os concertos, participaron 18 artistas de Vigo e un total de 24 grupos ou solistas galegos.

Máis