
28mai20:00TerraCeo: Los Secretos Trio AcústicoFESTIVAIS E FEIRAS | 30,00€20:00 Mar de Vigo
Detalles do eventos
Los Secretos descóbrennos as súas raíces en formato acústico. Los Secretos afrontan o 2021 cargados de ilusión e enerxía. O mítico grupo madrileño volve cun
TerraCeo: Los Secretos Trio Acústico
Los Secretos descóbrennos as súas raíces en formato acústico.
Los Secretos afrontan o 2021 cargados de ilusión e enerxía. O mítico grupo madrileño volve cun novo formato onde nos mostrarán o mellor da súa música, comezando cun delicioso e elegante trio acústico.
Cunha posta en escena sobria, recoleta e contida, o sempre reconocible son Secretos atopa con este formato o contexto perfecto para envolver a atmosfera da melancolía que desprende a súa música.
Unha vez máis demostran que se adaptan a todos os formatos e deixan claro que esta banda, aínda ten moito por percorrer. Por iso, con esta proposta artística máis elegante e íntima, continuan o seu camiño, un camiño en acústico que seguro, deleitará a todos os seus fans.
Con arranxos especialmente ensaiados para este formato, repasarán as súas cancións máis emblemáticas, así como as novas obras do seu último disco.
Máis

(Venres) 20:00