REVISTA ABRIL

TerraCeo: Lila Downs + Sés

09xul21:00TerraCeo: Lila Downs + SésCONCERTOS | 38,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

LILA DOWNS

Artista invitado: Sés

Gañadora do Grammy e de seis Latin Grammy, a cantante Lila Downs é unha das voces mais poderosas e singulares que existen hoxe en día. A súa simbólica presenza nun escenario contando conmovedoras historias, transcendeu todas as barreiras da linguaxe.

Nada e criada tanto en Oaxaca como en Minnesota, Lila Downs, filla dunha muller Indíxena Mixteca e pai angloamericano, escribiu narrativas de resistencia Indíxena protexendo a visión orixinaria das plantas e comida sacras de sucultura Oaxaqueña gardando as tradicións do continente Americano.

Con influencias que van desde a música folclórica e rancheira de México ata a música do sur de estados unidos cruzando barreiras e xerando sons que van desde o Folk, Jazz, Blues Folclórica, Indíxena,e rancheira ata o Hip Hop.

Apaixonada activista dos dereitos humanos. As letras de Lila Downs a miúdo marcan relatos enfocados desde a inxustiza social, ata as historias suprimidas de Latinoamérica de mulleres de orixes indíxenas e traballadoras.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)