
05ago21:00Terraceo: Anni B Sweet + Solpor con burbullasCONCERTOS | 27,50€21:00 Mar de Vigo
Detalles do eventos
Anni B Sweet regresa con novo disco. Será o seu cuarto álbum e primeiro en español e levará por título “Universo por estrear”. Antes do concerto haberá unha
Terraceo: Anni B Sweet + Solpor con burbullas
Anni B Sweet regresa con novo disco. Será o seu cuarto álbum e primeiro en español e levará por título “Universo por estrear”. Antes do concerto haberá unha cata organizada por Terrunho da man do restaurante Niño Corvo.
Un cambio total respecto dos seus 3 álbums anteriores, pois está composto integramente en castelán e lánzase ao pop perfecto de retrousos infecciosos con arranxos de electrónica retrofuturista e neopsicodelia. Unha marabilla dunha nosas artistas máis internacionais.
Rompe esquemas co seu primeiro single “Buen Viaje”: un tema alegre, pegadizo, fresco, eléctrico. Unha canción que cando termina quererías que seguise nun loop infinito. Un tema universal que nos dá a forza para despedirnos sen rancor e enchernos de luz.
“Buen Viaje” vén ser a canción da primavera que nos levará a un “Universo por estrenar”.
Gravado entre Londres e Selecta, masterizado en EEUU, o álbum está producido por James Bagshaw, líder, cantante e produtor dos discos da banda británica Amornes, que tanto conectou co espírito e a arte de Anni B Sweet que se trata da súa primeira produción máis aló da súa propia banda. As cancións do disco están mesturadas por Javier Doria.
Máis

(Venres) 21:00