REVISTA ABRIL

TerraCeo: A banda da loba + Fillas de Cassandra

07ago21:00TerraCeo: A banda da loba + Fillas de CassandraCONCERTOS | Desde 15,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Falar de A banda da Loba é tentar condensar en palabras a importancia do feminismo, a igualdade, a diversidade e todo iso co galego como vínculo condutor nas súas letras, de creación propia ou reinterpretacións de escritores/as. 

Empapadas nun son que mestura pop, folk e blues rock, volven con novo disco e espetáculo ‘Xabon Lagarta’ para reivindicar ás lavandeiras como insurxentes contra o patriarcado en reunións clandestinas nos lavadoiros.
Ademais, a súa presenza en TerraCeo vén coa mellor compañía: primeiramente, coa actuación de Fillas de Cassandra, e logo, unha serie de artistas como Nastasia Zürcher, Margarida Mariño, Patty Castro, Eladio Santos e Monoulious DOP converterán a terraza do Mar de Vigo nunha vivencia única.

Máis

Hora

(Domingo) 21:00(GMT+02:00)