TERBUTALINA – A Movida

maio, 2018

12mai22:00TERBUTALINACONCERTO | Desde 8,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

O 2017 foi un gran ano para Terbutalina, concertos en salas e festivais de toda a península: Zaragoza, Tarragona, Madrid, Sevilla, Málaga…
SOLD-OUT na maioría de salas do país e festas que quedarán no recordo de todas. Coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra “Eroski-Paraíso” consigen o “Premio María Casares 2017” á “Mellor Música Orixinal”.

No mes de maio ve a luz “Ninguén che quere”, o adianto da nova referencia discográfica dos de Muros, “Sonido Esteiro”, un Ep de 7” editado por Folc Records e Triunvirato. Catro cancións nas que se aprecia o son propio ao que chegou a banda desde a súa formación no 2010, puro son esteiro.
En el 2018 pechan unha etapa e comeza “A Casa da Tolemia”: Unha variable situacional difícil de predecir e de controlar que fai que persoas sensatas, maduras e sen problemas de personalidade, nun momento determinado, realicen inexplicables conductas de risco, que non son en absoluto habituais para elas e que poden desembocar nunha das maiores festas do país.
Se vostede quere entrar en “A Casa da Tolemia”, no dubide en seguir as aventuras e desventuras de Terbutalina.

ENTRADA ANTICIPADA: 8€ + gastos
TAQUILLA: 10€ Puntos de venta: Elepe, Bar Princesa

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X