bannerEspazoFest
Banner OSDC

xuño, 2021

Este é un evento repetitivo

18xuñ20:00TEOREMAESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00 Sala Ártika

Detalles do eventos

‘Teorema’ é un proxecto escénico e de investigación de Javier Marti´n que indaga nos sons e movementos do interior del corpo, para rescatar memorias e propoñer novas sensibilidades.
En ‘Teorema’, as resonancias do interior do corpo compoñen a paisaxe sonora para a danza, despréganse nun espazo partitura onde os obxectos – fume, carbón, corda, xeo, cristal– dispóñense misteriosamente para alcanzar a súa propia floración. O corpo danzante anima o espazo para a danza. A sinfonía do corpo é a sinfonía do espazo e viceversa. Unha reflexión sobre as relacións entre interioridade e exterioridade, entre materia e memoria, que anima a cuestionar e a romper coas inercias por onde nos percibimos e nos relacionamos co entorno. Nada é como parece, e aínda asi´ traballamos co que esta´ disposto. “Unha demostración de que a ciencia fai promesas que so´ a carne cumpre e de forma moi misteriosa” (Roberto Fratini). Coreografía, carne e gramática.

Hora

  • Venres 18 de xuño de 2021 ás 20:00h
  • Sábado 19 de xuño de 2021 ás 20:00h
  • Domingo 20 de xuño de 2021 ás 20:00h

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X