ORQUESTRA CLÁSICA

10abr20:30Teo Cardaldaconcertos | 20,00 €20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Teo Cardalda en Vitruvia

Hai músicos que permanecen, que quedan nalgún lugar da memoria e regresan case sen aviso, asociados a momentos concretos, a persoas, a etapas que xa vivimos, pero que, porén, aínda seguen presentes. A súa música xa non son só boas cancións, senón fragmentos da nosa vida que lembramos a través da banda sonora que eles crearon.

Teo Cardalda forma parte desa categoría de músicos cuxa obra atravesou décadas sen perder a súa capacidade de emocionar. Hai nel, de maneira consciente ou talvez non, unha forma de entender a música cunha vocación de permanecer no tempo.

Escoitadas hoxe, moitas das súas cancións conservan intactas as emocións coas que foron escritas no seu día. Non é unha cuestión de nostalxia, senón de algo moito máis profundo: a calidade e a paixón coas que foron creadas. Por iso, e só por iso, resisten o paso do tempo.

Neste concerto a piano só, esa traxectoria condénsase nun formato case espido. Sen artificio ningún. Só o músico fronte ao seu propio repertorio e ao instrumento co que mellor se identifica, revisitando non o que foi, senón o que aínda segue sendo. É, en certo modo, unha forma de medir o paso do tempo a través da música e comprobar que esta permanece indemne cando todo o demais vai cambiando.

Venres 10 de abril, 20:30.
Entrada, 20€
Reservas: info@vitruviacafe.com,
WhatsApp 645996690 ou en Vitruvia.

Hora

10 abril, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events