Galaxia

marzo, 2022

31mar20:00Orquesta sinfónica de GaliciaCONCERTOS | desde 11,70€20:00 Teatro Afundación

Orquesta sinfónica de Galicia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A tempada desenvolverase ata finais de maio no Teatro Afundación de Vigo.  

A batuta de Thierry Fischer dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia, acompañada polo violín de Philippe Quint, o 31 de marzo ás 20.00 h, nun recital de obras de Erich Wolfgang Korngold (Concerto para violín en re maior, op. 35) e Jean Sibelius (Sinfonía núm. 1 en mi menor, op. 39).

A Tempada de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal a entidade invita todas as persoas que asistan a este espectáculo a colaborar con esta campaña solidaria. Trátase dunha iniciativa de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos» que, a raíz do drama humanitario que se vive neste país, se implica tamén coas persoas refuxiadas e a súa cidadanía. Afundación invita os asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin.

Máis

X