VIALIA
bannerPicnicSesions

Orquesta Sinfónica de Galicia

26mai20:00Orquesta Sinfónica de GaliciaCONCERTOS | Desde 11,70€20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, conclúe a súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. Finalmente, a batuta de Pablo González dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia, acompañada pola viola de Nils Mönkemeyer, o 26 de maio ás 20.00 h, nun recital de obras de Hector Berlioz (Harold en Italia, op. 16) e Maurice Ravel (Daphnis et Chloé: suite núm. 2).
Este concerto é parte de «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», mediante o cal estudantes de ESO, bacharelato e do Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde estudan cunha bolsa Erasmus 15 mozas ucraínas, poden acceder aos concertos de modo gratuíto. Ademais, e en consonancia coa difusión da cultura que caracteriza a Afundación, as persoas menores de 35 anos poderán comprar as súas entradas media hora antes do recital e na billeteira do teatro a 5 euros.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)