REVISTA ABRIL

TELA MARINERA

27mai16:00TELA MARINERAACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

A expresión “tea mariñeira” xorde dos ambientes mariñeiros e portuarios, e fai referencia ao tecido utilizado para a confección das velas dos barcos, as cales requiren moita tea e custosa de elaborar. Esta locución utilízase con frecuencia para expresar a importancia ou dificultade que pode resultar algo e é por iso que consideramos que iso é exactamente o que nos gustaría resaltar de cada unha das persoas que van facer posible estas conversacións, a súa calidade humana, a súa repercusión na sociedade, e o impacto que a súa obra e profesión ten no achegamento do mar á sociedade.

O ciclo de conversacións “Tea mariñeira” coordínase desde a Universidade de Vigo ao longo dos meses de Maio e Xuño, e terá lugar maioritariamente os xoves desde as 16 ata as 18 horas. A sala de emisión terá un aforo limitado e todas as demais persoas interesadas poderán asistir en directo vía web.

Relevo mariñeiro, deportivo e naval

  • Concepción Lavid (primeira patrona maior dunha cofradía de pescadores)
  • Elena Fernández (técnica de Proxectos Europeos en Asociación Galega de Actividades Náuticas)
  • Maria Calvo (fundadora de Arenaria Coordinación e responsable de formación do programa Relevo2020)
  • Patricia Suarez (regatista olímpica)
  • Gema Laso (consultora Inxenia dt.)

Máis

Hora

(Xoves) 16:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!