Detalles do eventos
A XIII Ruta de Pinchos de Teis e Travesía celebrarase do 28 de agosto ao 13 de setembro cunha importante novidade nesta edición: a ruta amplía o seu
Detalles do eventos
A XIII Ruta de Pinchos de Teis e Travesía celebrarase do 28 de agosto ao 13 de setembro cunha importante novidade nesta edición: a ruta amplía o seu percorrido coa incorporación de establecementos hostaleiros da Travesía de Vigo, sumando novas paradas á cita gastronómica de final de verán.
13 establecementos participan nesta iniciativa, ofrecendo cada unha un pincho por 2,50€ en horario do 20:00 a 23:00h. Os locais participantes son Café-Bar Pablo, Café-Bar A Dorna, Cervecería d’Tres, Cafetería Javier, Bocatería Autos, Cafetería Nino, Cafetería Bianca, Las Pizzas de Teis, The Daly Brew, Cervecería O da Nena, Cafetería Yacare, Giamola 2.0 e Café-Bar Galizal Teis.
A ruta tamén contará cun sorteo de vales de compra para gastar nos establecementos asociados de Zona Teis e Travesía. Para participar será necesario solicitar unha cartilla nun dos locais participantes, probar os pinchos e conseguir un mínimo de cinco selos. Polo menos un deles deberá proceder dun comercio asociado. As persoas participantes tamén poderán votar pola súa proposta favorita e depositar a cartilla cuberta nas urnas habilitadas nos locais.
Hora
28 agosto, 2026 20:00 - 13 setembro, 2026 23:00(GMT+02:00)
Localización
Teis
Rúa de Sanjurjo Badía36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




