VIALIA
bannerPicnicSesions

TECOR SOCIETARIO + KELTOI + BULE

12feb20:30TECOR SOCIETARIO + KELTOI + BULECONCERTOS | Desde 10,00€20:30(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Keltoi!

Keltoi! formouse a finais de 1995 na cidade de Vigo e realizou o seu primeiro concerto o Día das Letras Galegas de 1996 nun pub vigués ” Rass”, xunto a Os Diplomáticos de Monte-Alto. En 1997 colaboraron no recompilatorio Oito anos de sequestros co tema ” Galeg@ s”, e meses máis tarde apareceu a súa primeira maqueta, titulada Casco Vello. Despois da edición da maqueta realizaron concertos pola xeografía galega e mesmo algunha actuación fóra de Galicia, como na primeira edición do ” Oi!, Ska & Reggae Meeting” en Xixón. Durante estes concertos, Keltoi! compartiu escenario con bandas como Malarians, Os Milicianos, Skarface, Xenreira, Skacha ou Oi!The Arrase. Pero Sime, o vocalista do grupo, tivo que deixar a banda para traballar en Irlanda e Keltoi! entrou nun período de inactividade. A mediados do ano 2000 Sime volveu a Galicia, e Keltoi reiniciou as actividades, sendo un dos primeiros traballos a gravación de catro cancións para o recompilatorio “Estado de Sitio”. Durante os seguintes anos produciuse o período de máis actividade da banda, saíndo a tocar varias veces fóra de Galicia e actuando con bandas xa consagradas do xénero como Dropkick Murphys ou The Real Mckenzies. Pero debido a que o guitarrista Mikele toca coa banda Soak e o batería Kino con Skacha, e tamén ás novas responsabilidades dos membros do grupo, finalmente decidiron disolverse, facendo o seu concerto de despedida o 17 de xaneiro de 2005, xunto coas bandas Malas Cartas e Frontkick na sala Anoeta de Vigo. En 2010 editaron un novo disco autoproducido titulado “A nosa cinza”, que nun principio se consideraba como un disco “póstumo” da banda. Ao mesmo tempo, volveron actuar para presentalo, iso si, con novos compoñentes ( Gontxu e Adrián) xa que dos Keltoi! orixinais só quedaron Sime, Dani e Kino. O seu esperado concerto de regreso é en Durango (Biscaia), xunto a bandas como os lendarios Cock Sparrer, e continúan dando concertos durante o 2011 por Galicia, País Vasco, Castela… A comezos de 2012 Keltoi! volveu cambiar de formación, entrando Manu á batería substituíndo a Kino, e Adrián foi substituído nunha das guitarras por Xurxo. Nesta nova época seguen dando concertos, tocando con bandas como The Boys ou Perkele. O 3 de xuño de 2012 actuaron no Estadio de Balaídos diante de 31.000 persoas para celebrar o ascenso do Real Club Celta de Vigo a Primeira División. É nesta nova época, tamén, onde tocan por primeira vez en Madrid.

Bule

A admiración polos sons que emanan dos seus discos favoritos de punk , power pop, new wave … leva en 2017 a Pablo, Jetu, Chelen e Óscar a crear un novo proxecto denominado Bule no que render inconscientemente unha homenaxe ao 40 aniversario da explosión musical de 1977, e a todas aquelas bandas que formaron parte dela, ou que a día de hoxe seguen mantendo ese xeito de facer e entender a música. Contaxiosas melodías e letras en galego con moitas referencias cinematográficas, lúdicas e de experiencias vitais, é o que podemos atopar nas cancións desta banda afincada en Pontedeume (A Coruña). Entran a gravar o seu primeiro EP “Aquelas Cancións” (CGTH Records / Hold Your Ground Records) nos estudios La Cortina Roja a principios de decembro de 2017 e presentouse en abril de 2018. A partir de aquí, a boa acollida deste primeiro traballo reflectiuse na demanda da banda pra festivais e salas de toda Galiza. Isto levounos a compartir escenario con grupos como The Baboon Show, The Professionals ou Peter and The Test Tube Babies. Agora están inmersos na promoción e presentación do seu novo traballo “Cando nos volvemos ver” (CGTH Records / Hold Your Ground Records) gravado nos GarageLand Estudios de Marín en decembro do 2019, e que saiu no 2020 e pretenden presentalo ao longo do 2022. Reafirmándose no formato EP de catro temas, seguen as mesmas pautas que o seu predecesor: o amor incondicional a ese punk con melodías pop, que nos transporta, a través das súas letras, ao seu mundo onde realidade e ficción conviven para o noso goce en forma de retrousos inesquecibles. Grupo que colle coma referencias o son do 77 nas súas melodía, letras en galego con un montón de referencias cinematográficas e experiencias vitais. Pouco máis tarde, únese ao proxecto Óscar e pechan así o círculo ao que lle darán o nome de Bule. Melodías contaxiosas, letras en galego e unha morea de referencias cinematográficas, lúdicas e de experiencias vitais é o que poderedes atopar nas súas cancións. Contan xa co seu primeiro EP 7″ Aquelas Cancións. Sacar o seu segundo EP ao longo deste 2020 e tocar o máximo posible son os seus proxectos máis inmediatos. Fe e Gloria. Amor e actitude.

Tecor Societário

Tecor Societário nasce no ano 2017 em Compostela. Desde aquela procuram umha mistura de punk e folk com vontade de fazer temas próprios e reinterpretar peças populares galegas. Como carta de apresentaçom editam, em 2018, um EP de 3 temas, um deles com o seu próprio videoclipe “Velhos Contos”. Em 2021 lançam o seu álbum debute “Caça Maior”. Nos concertos de Tecor Societário flue a energia. No seu variado repertório destaca a mistura da música tradicional com a atual. Gaita, acordeom e mandolina combinam-se numha simbiose única com guitarra, baixo e bateria, que seguindo o ronsel do “celtic punk”, resolve-se num som claramente galego. Na atualidade Tecor Societário está formado por: Ares (bateria), Cipri (baixo e coros), Roi (acordeom e coros), Marcos (guitarra solista), Iago (gaita) e Xabi (guitarra e voz).

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events