
Detalles do eventos
Dende o debuxo inicial ata o pulido final, cada peza esculpida no obradoiro de Joyas de la Raspa leva impreso o ritmo do mar e
Detalles do eventos
Dende o debuxo inicial ata o pulido final, cada peza esculpida no obradoiro de Joyas de la Raspa leva impreso o ritmo do mar e o pulso de quen a crea. Virginia R. Lorenzo, fundadora xunto con Miguel Sánchez-Cantón da emblemática marca viguesa, explora no seu traballo a conexión entre a ourivaría contemporánea, a contorna mariña e a persistencia da memoria. Na súa próxima charla, compartirá a intrahistoria da Raspa e o proceso creativo co que dá forma ás súas xoias, inspiradas na fauna e flora atlánticas e elaboradas con técnicas tradicionais. Unha cita ineludible para comprender a maxia que se agocha tras case catro décadas de experimentación, perseveranza e esforzo constantes.
Máis
Hora
9 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)
- Mes actual