Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico – A Movida

xuño, 2018

25xuñ(xuñ 25)17:21Tecidos e vestidos no laboratorio gráficoEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(xuño 25) 17:21 Casa Galega da Cultura

Máis

Detalles do evento

A mostra “Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico”, organizada pola Universidade de Vigo coa colaboración da Concellería de Cultura, e comisariada pola profesora Lola Dopico.

Esta exposición e a súa estrutura argumental trata a renovada importancia do debuxo e da gráfica na linguaxe da moda contemporánea que emerxe dende os traballos destes novos creadores e creadoras. Presentes na escena actual, a súa produción preséntase expoñendo de xeito descritivo o idilio que mantén coa ilustración o territorio da moda.

Atopamos a través dos deseños destas creadoras, que comparten técnicas e linguaxe formal, variedades de precisión que podemos considerar como habituais ou propias do debuxo comercial ou industrial como os planos arquitectónicos, o debuxo científico, o ornamento e a decoración, e a ilustración tradicional e de moda.

HORARIOS:
De luns a sábados, de 18 h a 21 h;
Os sábados, domingos e festivos, de 12 a 14 h

Hora

Xuño 25 (Luns) 17:21

Lugar

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

X