VIALIA
bannerPicnicSesions

Tecermos redes, crearmos comunidades. Estudos sobre a obra de María Reimóndez

27out19:00Tecermos redes, crearmos comunidades. Estudos sobre a obra de María ReimóndezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Presentación de ‘Tecermos redes, crearmos comunidades. Estudos sobre a obra de María Reimóndez’, de Anxela Lema París e Andrea Nunes Brións publicado por Xerais.

‘Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez ‘ é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez. O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.

O CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS DE VIGO, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events