maio, 2019

31mai18:00Tecer e tomar algoTALLER | De balde18:00 Mirador Paseo Alfonso XII

Máis

Detalles do evento

Este venres ás 18:00 h, a Asociación do Casco Vello Alto propón xunto con APAMP e a Asociación de moda sostible Fento, unha quedada na fonte do Paseo de Alfonso XII na que aprender ou practicar en compañía a calcetar cos dedos. Os participantes deberán aportar os materiais, tales como las, cordas, trapillo, camisetas vellas, plásticos ou materiais de refugallo “tecibles”… as integrantes de FENTO ensinaránlles a tecelos coas mans e entre todos farase unha peza que se unirá á III intervención artística urbana de APAMP: Enredando na rúa.

As pezas que se calceten durante a xornada, servirán como achega á intervención artística colectiva que APAMP ten preparada para o vindeiro xoves, 6 de xuño, cando cubrirán por completo a fonte e a praza ca rede tecida entre usuarios, asociacións e veciños.

Hora

(Venres) 18:00

Lugar

Mirador Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X