>
Detalles do eventos
O Teatro Playback é unha forma de teatro de improvisación na que o público comparte historias reais da súa vida e estas son representadas en directo no escenario. É
Detalles do eventos
O Teatro Playback é unha forma de teatro de improvisación na que o público comparte historias reais da súa vida e estas son representadas en directo no escenario. É un teatro social que xera empatía, promove a escoita profunda e crea vínculos a través da experiencia compartida. Un espazo para recoñecernos nas narrativas propias e alleas e fortalecer a conexión humana.
O proxecto Teatro Playback Galicia nace co obxectivo de achegar esta disciplina a Galicia a través de funcións abertas ao público, formación regular, obradoiros e contido divulgativo, ofrecendo o Teatro Playback como ferramenta cultural, social e comunitaria.
Hora
31 maio, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Concello de Vigo
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



