Detalles do eventos
Espectáculo de Teatro Playback ofrece a primeira función do ano o venres 30 de xaneiro ás 20:00h na Asociación Veciñal de Teis. A entrada funciona
Detalles do eventos
Espectáculo de Teatro Playback ofrece a primeira función do ano o venres 30 de xaneiro ás 20:00h na Asociación Veciñal de Teis. A entrada funciona como caixa inversa.
O Teatro Playback é unha forma de teatro improvisado que representa as historias do público. Consíderase unha ferramenta de teatro social que permite afonda nas narrativas persoais, para compartilas no escenario, xerando momentos de conexión. É un teatro que fomenta a empatía, a comprensión mutua, o respecto e o autocoñecemento e que promulga que todas as historias merecen ser contadas.
Durante este ano, o colectivo Teatro Playback Galicia levará a cabo dúas de estas actuacións cada mes dentro do ciclo titulado ‘Memoria nos barrios’. Un dos promotores do grupo explica que os integrantes de nivel avanzado visitarán asociacións e procurarán “espazos nos que as persoas compartan un mesmo problema, como unha enfermidade, ou migrantes, xa que a metodoloxía do teatro playback funciona mellor neses contextos e pode serlles de axuda”. Por outra banda, o grupo de iniciación visitará bares e espazos máis distendidos e menos comprometedores.
Estas son algunhas das datas que teñen pechadas polo momento:
30 de xaneiro ás 20:00h – AAVV Teis
6 de febreiro ás 19:30h – Casa de Arriba
20 de febreiro ás 20:00h – Café Uf!
27 de febreiro ás 20:00h – Asoc. Évame
Máis información sobre o proxecto e a petodoloxía na web de Teatro Playback Galicia.
Hora
30 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
A. VV. Teis
Rúa Gerardo Campos Ramos, 2, 36207 Vigo, Pontevedra


