Detalles do eventos
O Teatro Playback é unha forma de teatro de improvisación na que o público comparte historias reais da súa vida e estas son representadas en directo no escenario.
Detalles do eventos
O Teatro Playback é unha forma de teatro de improvisación na que o público comparte historias reais da súa vida e estas son representadas en directo no escenario. É un teatro social que xera empatía, promove a escoita profunda e crea vínculos a través da experiencia compartida. Un espazo para recoñecernos nas narrativas propias e alleas e fortalecer a conexión humana.
O proxecto Teatro Playback Galicia nace co obxectivo de achegar esta disciplina a Galicia a través de funcións abertas ao público, formación regular, obradoiros e contido divulgativo, ofrecendo o Teatro Playback como ferramenta cultural, social e comunitaria.
📣 ESTE VENRES ESTAMOS DE VOLTA CO GRUPO AVANZADO!
Hai un mes que foi a última función e temos moitas ganas! Ademais, farémola en Évame-Oroza, unha asociación moi especial no Casco Vello Alto, outra zona do centro de Vigo con moita historia.
🗓 Venres, 27 de febreiro
🕗 20:00
📍 Évame-Oroza (Subida á Costa, 5)
🧠 HISTORIAS DE CAMBIO
👛 Entrada inversa
“Ven ver as túas historias en vivo. Representamos en directo as historias do público a través da improvisación teatral. Un teatro que fomenta a empatía, a comprensión mutua, o respecto e o autocoñecemento. Porque as túas historias merecen ser contadas.”
Convidámosvos a que veñades a compartir e escoitar as vosas historias de cambio.
Hora
27 febreiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra


