'A teteira de Kabul'
Detalles do eventos
A Concellería de Igualdade organiza este mes de decembro un programa cultural a prol da igualdade para público familiar (+ 4 anos) que ten como finalidade o
Detalles do eventos
A Concellería de Igualdade organiza este mes de decembro un programa cultural a prol da igualdade para público familiar (+ 4 anos) que ten como finalidade o divertimento e a reflexión dende a perspectiva de xénero.
A programación terá lugar no Auditorio Municipal e inclúe 3 espectáculos que visibilizan a mulleres e mozas nun rol activo e poñen en valor o traballo das mulleres artistas.
.- Martes, 12 de decembro. Espectáculo interactivo “Pitusa Semifusa”, Rebumbio Producións
O espectáculo se apoia en instrumentos de xoguete, onde a explicacións destes e das súas características son o fío condutor dun concerto interactivo. As dúas artistas van ensinando os instrumentos e as súas peculiaridades a cativas e cativos.
Idade recomendada: público familiar, a partir de 4 anos
Interpretación: Andrea Picos, Olga Brañas e Sergio Tannus
Duración aprox: 50 minutos
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei
Hora: 18:00 h
Entrada libre ata completar o aforo
.- Mércores, 13 de decembro. Espectáculo teatral “A teteira de Kabul”, compañía Xarope Tulú
Espectáculo de monicreques dirixido a publico familiar baseado no conto de Carolina Pujales. Esta peza conta a historia de Mina, unha nena que debe abandonar o seu fogar por mor do estalido da guerra no seu país, Afganistán. A poética dos monicreques vai permitir viaxar a outros lugares e contar a historia de Mina desde unha perspectiva construtiva e alentadora.
Idade recomendada: público familiar, a partir de 6 anos
Interpretación: Atenea García e Xosé Manuel Esperante
Duración aprox: 50 minutos
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei
Hora: 18:00 h
Entrada libre ata completar o aforo
.- Xoves, 14 de decembro. Espectáculo “ELA”, da compañía Caramuxo Teatro,
Espectáculo de teatro e danza onde se crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruja Mallo; unha mistura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional.
Idade recomendada: público familiar, a partir de 4 anos.
Interpretación: Laura Sarasola Pontón, Juan Rodríguez Santiago e Suso Jalda
Duración aprox: 45 minutos
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei
Hora: 18:00 h
Entrada libre ata completar o aforo
Máis
Hora
13 decembro, 2023 18:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes