CAMELIAS

Teatro Online: "Tristana"

07abr20:00Teatro Online: "Tristana"ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, a través do seu portal dixital Afundación TV, un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes escénicas. De maneira gratuíta e en aberto, cada mércores, Afundación TV emitirá a representación teatral dunha obra senlleira das artes escénicas clásicas e contemporáneas con montaxe da compañía Secuencia 3.

Tristana
Tristana, a heroína de Benito Pérez Galdós, soña con estudar, traballar e ser libre nun mundo dominado polo home. Únese así á explosión de protagonistas femininas que a finais do século XIX claman pola independencia da muller.
Galdós funde no personaxe de Tristana as súas experiencias amorosas coa nova actriz Concepción Ruth Morell e coa novelista Emilia Pardo Bazán. Fronte a ela, como nun triángulo imposible, o sedutor caduco don Lope e o novo pintor Horacio, incapaces de respectar os seus desexos de aprendizaxe e emancipación. E ao seu lado, como cómplice e confidente, a criada Saturna, a muller apegada á realidade.
Momentos de sorrisos e momentos de dor. En fin, unha función que nos convida a reflexionar sobre a situación real da muller no mundo actual.

Mércores 7 ás 20:00

As obras de teatro programadas son:
– 24 marzo: El caballero de Olmedo
– 31 marzo: Nerón
– 7 abril: Tristana
– 14 abril: Hombres de 40
– 21 abril: Última edición

Máis

Hora

7 abril, 2021 20:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!