O evento xa tivo lugar!
Teatro Online: "Nerón"
31mar20:00Teatro Online: "Nerón"ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00)
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, a través do seu portal dixital Afundación TV, un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, a través do seu portal dixital Afundación TV, un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes escénicas. De maneira gratuíta e en aberto, cada mércores, Afundación TV emitirá a representación teatral dunha obra senlleira das artes escénicas clásicas e contemporáneas con montaxe da compañía Secuencia 3.
Nerón
Arde Roma mentres Nerón alimenta a fantasía de converterse nun deus inmortal, dono da vida do seu pobo, a quen controla coa súa política de “pan e circo”, chegando mesmo a protagonizar el mesmo obras de teatro, recitais de poesía e concursos musicais. Obrigado a ser emperador pola súa nai Agripina, acaba asasinándoa, pero nin aínda así se libra da súa presenza. A chegada vitoriosa do xeral Marco Vinicio despois da súa campaña en Bretaña, desencadea os máis variados conflitos políticos e amorosos na corte romana, onde a liberdade sexual dos pagáns contrasta coas novas ideas dos cristiáns, a quen Nerón culpa do incendio de Roma. Todo iso, unido á súa crueldade desmedida, aos seus asasinatos en cadea e á tiranía do seu goberno, provoca a conxura dos senadores para derrocarlle.
Mércores 31 ás 20:00
As obras de teatro programadas son:
– 24 marzo: El caballero de Olmedo
– 31 marzo: Nerón
– 7 abril: Tristana
– 14 abril: Hombres de 40
– 21 abril: Última edición
Máis
Hora
31 marzo, 2021 20:00(GMT+02:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Séguenos nas redes