O evento xa tivo lugar!
Teatro Online: "El caballero de Olmedo"
24mar20:00Teatro Online: "El caballero de Olmedo"ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+01:00)
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, a través do seu portal dixital Afundación TV, un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, a través do seu portal dixital Afundación TV, un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes escénicas. De maneira gratuíta e en aberto, cada mércores, Afundación TV emitirá a representación teatral dunha obra senlleira das artes escénicas clásicas e contemporáneas con montaxe da compañía Secuencia 3.
El caballero de Olmedo
Esta adaptación de Eduardo Galán da famosa peza de Lope de Vega, está protagonizada por Javier Veiga, Marta Hazas, José Manuel Seda, Enrique Arce, Encarna Gómez, Jordi Soler, Andrea Soto e Alejandro Navamuel, baixo a dirección de Mariano de Paco Serrano. Con esta produción de Secuencia 3, Afundación TV emite unha das traxedias clásicas do teatro de Lope de Vega, quen, non obstante, nunca chegou a vela impresa. Escrita entre 1620 e 1625, presenta os personaxes arquetípicos das obras da época: o heroe, o seu antagonista, a dama, a alcaiota e o donaire.
Mércores 24 ás 20:00
As obras de teatro programadas son:
– 24 marzo: El caballero de Olmedo
– 31 marzo: Nerón
– 7 abril: Tristana
– 14 abril: Hombres de 40
– 21 abril: Última edición
Máis
Hora
24 marzo, 2021 20:00(GMT+02:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Séguenos nas redes