Detalles do eventos
O Teatro Gorrilla pecha o ano cun festival, levando a danza, teatro, performance e outras actividades coma obradoiro
Detalles do eventos

O Teatro Gorrilla pecha o ano cun festival, levando a danza, teatro, performance e outras actividades coma obradoiro de movemento e dj set a diferentes espazos de Vigo, os próximos 20 e 21 de decembro.
Sábado 20 de 11:30 a 13:00 no Centro Social A Nubeira (Rúa Pizarro, 6) – Práctica de movemento guiada por Diego M. Buceta, bailarín e intérprete vigués que compartirá unha sesión onde a danza será a protagonista. Actividade de balde, sen inscripción: simplemente aparece! Aberta a todos os niveis e idades.
Sábado 20 ás 19:00 na Galeria Maraca (Rúa Doutor Cadaval, 12) – Colectivo Averio cun show de varietés. Entrada inversa, mínimo de 6€.
Sábado 20 ás 00:00 na Fábrica de Chocolate (Rúa Rogelio Abalde, 22) – Desfrutar do Colectivo Chapamama, tres Djs que nos farán mover o corpo enteiro coa súa selección musical que pasa por ritmos de dancehall, hip hop, afrobeats, amapiano e electrónica. A entrada é de balde!
O domingo 21 Teatro Gorrilla ten unha programación que enche o barrio de Churruca con 5 propostas escénicas en 5 bares que se transformarán en escenarios para acoller ás artistas que nos acompañan: Noel Quintela, Iván Dávila, Bal Castro, Cata Ukelele e Noa Covelo. Todas con caixa inversa e un mínimo recomendado de 5,00 €.
18h – Tinta Negra (Rúa dos Irmandiños, 2)
19h – The City (Rúa Irmandiños, 17)
20h – Casa de Arriba (Rúa Martín Códax, 23)
21h – Sala Kominsky (Rúa Irmandiños,3)
22h – Candela Cantina (Rúa Martín Códax, 12)
Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo.
Hora
20 decembro, 2025 11:30 - 21 decembro, 2025 23:00(GMT+01:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra



