
Detalles do eventos
Este venres 28 de abril, día previo ao Día Internacional da Danza, vos traemos unha peza de Noa Covelo na Casa de Arriba ás 20:00h. A peza leva
Teatro Gorrilla: “Non sabía que facer coa dor e dancei”
Este venres 28 de abril, día previo ao Día Internacional da Danza, vos traemos unha peza de Noa Covelo na Casa de Arriba ás 20:00h. A peza leva o nome de “Non sabía que facer coa dor e dancei”, un moi bo título para a data na que estamos.
Autoficción dunha actriz chegando aos 30.
Non sabía que tiña que deconstruirme e cantei.
Non sabía que no fondo quero unha “love story” e recitei.
Non sabía do arrepentimento e chorei.
Non sabía que xa non me ama e bebín, e dancei e marchei.
“joven, bueno… ya tienes 28, a tu edad yo conocí a tu abuelo. Y el tiempo pasa“
Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza. Este proxecto comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 4€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.
Máis

(Venres) 20:00
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra