REVISTA ABRIL

Teatro Gorrilla: Nico Elsker

16abr20:00Teatro Gorrilla: Nico ElskerESPECTÁCULOS | Desde 3,00€20:00(GMT+02:00) La Casa de Arriba

Detalles do eventos

O sábado 16 de abril, A Casa de Arriba, Rúa Martín Códax 23, acollerá un espectáculo de Nico Elsker ás 20h. Nesta volta trátase de Contos Invertidos, título da peza teatral, performativa e dancística deste artista multidisciplinar e drag king. Contos Invertidos é unha viaxe de quince minutos a través do mundo dos contos dende unha perspectiva diversa. Unha realidade ficcionada que mestura danza, palabra e transformismo. Como di o autor… “porque o mundo dos contos é moito máis diverso do que vos imaxinades”. Coma en todas as edicións anteriores, a entrada é libre e inversa, con prezo mínimo recomendado de 3€, xa que a cultura é libre pero non gratuita e as artistas precisan que o seu traballo sexa recoñecido e valorado.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events