VIALIA
bannerPicnicSesions

Teatro Gorrilla: 'Na(i)cemento' de Ainhoa Linaza

25feb20:30Teatro Gorrilla: 'Na(i)cemento' de Ainhoa LinazaESPECTÁCULOS | Taquilla inversa20:30(GMT+01:00) La Casa de Arriba

Detalles do eventos

O sábado 25 de febreiro ven cargado de danza por parte do Teatro Gorrilla e A Artística, que crean esta sinerxía co afán de ofrecer unha programación de todo o día:

  • Sábado ás 11 horas: Práctica creativa con Amparo Martínez en A Artística, prezo 15€.

  • Sábado ás 18 horas: Mostra de ‘O Noso’ en A Artística, con taquilla inversa.

  • Sábado ás 20:30 horas: ‘Na(i)cemento’ de Ainhoa Linaza en La Casa de Arriba, taquilla inversa con mínimo de 4€.

Comeza a xornada do sábado ás 11 horas en A Artística cunha práctica creativa de Amparo Martínez en torno á súa peza ‘O Noso’, que está en pleno proceso de creación, polo que esta práctica se basa en investigar conxunta e individualmente sobre algunhas ideas que atravesan a peza.
Para reservar plaza, envía mail: aartisticavigo@gmail.com
Horario: 11 a 12.30 horas
Prezo: 15€
Lugar: A Artística, Rúa Barcelona 35

Continuamos coa programación da tarde, coa mostra de ‘O Noso’, peza coa que se traballou pola mañá e se verá o resultado da súa intérprete ás 18 horas dentro dos Sabadetes, proposta que A Artística quere retomar; mostras de procesos creativos escénicos.
Horario: 18 a 19 horas.
Prezo: taquilla inversa
Lugar: A Artística, Rúa Barcelona 35

Rematamos a xornada en A Casa de Arriba coa programación do Teatro Gorrilla ás 20.30 horas coa peza ‘Na(i)cemento’ de Ainhoa Linaza, bailarina de flamenco e pedagoga. Esta peza mezcla lenguaxes de movimento: flamenco, danza contemporánea, teatralización, texto e lenguaxe académico. Fala das cargas que afectan á muller moderna e que se remontan ao pasado. Indaga en algúns focos da muller especialmente vulnerable como son o parto, o embarazo ou a maternidade.

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as
artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+01:00)

Localización

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events