bannerRevistaOnline

17dec17:00Teatro Gorrilla edición danzaESPECTÁCULOS | -17:00

Teatro Gorrilla edición danza

Teatro Gorrilla volve o 17 de decembro cunha edición moi especial para rematar o ano! Tres pezas de danza para tres espazos alternativos e non convencionais como son A Morada, A Casa de Arriba e a Sala Kominsky.

‘Retake’, de Amparo Martínez – 17h en A Morada
A ti que che move?
A min móveme desatarme,
deixarme ir….
E aí estou eu probando.
Tentando o chan.
O chan é o meu alimento para habitar o meu corpo
e aí estou eu
esa son eu.

Esta peza vai acompañada dun mercadiño de nadal que A Morada organiza, con postos de todo tipo para ir pasar o día entre artesanías, obradoiros e espectáculos.

‘No sé dónde encontrarme’, de Vanessa Lozano – 20h na Casa de Arriba
Ella quisiera saciar a el alma, pero entre el ruido, el hacer, el deseo y la prisa, quizás sea
mejor mezclar realidad y escenario. Ser otra, que se muestra, actúa y baila, y que al mismo
tiempo se esconde bajo un reflector, podría ayudar… A reconocer la propia fragilidad. A
mirar con otros ojos algún desierto. Y a sucumbir por fín! ante sí misma.

‘Bipedestrucción’, de Marcia Vázquez e Martín de Los Arcos – 21h na Sala Kominsky
“Un par de bípedes camiñan por un mundo non elixido. Ante a imposibilidade de cambialo
e a negación a aceptalo, deciden transmutar o seu propio corpo. Neste vocabulario
deformado despréganse imaxes que levan ao recordo, a animalidades, a culturas, a
personaxes, a emocións. Póñese en cuestión aos nosos ollos as formas a través dun andar que, continuamente, muta a súa identidade en cada paso. A única maneira de seguir camiñando será apoiándonos, máis aló dos nosos dous pés, sobre o outre. Sobre o colectivo.”

Cunha forte aposta pola improvisación, ambes traballan sobre forma e deformación continua do corpo. O dúo transita continuamente por diversas identidades rompendo formas impostas ou adquiridas.

Este proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza. Teatro Gorrilla comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo.

O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa gozado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 3€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa ‘pasa a gorra’.

Máis

Hora

(Sábado) 17:00

X