REVISTA OUTUBRO

Teatro Gorrilla

25xuñ22:00Teatro GorrillaESPECTÁCULOS | Desde 3,00€22:00(GMT+02:00) La Casa de Arriba

Detalles do eventos

O sábado 25 de xuño, ás 22h na Casa de Arriba, Rúa Martín Códax, 23, haberá dúas pezas curtas de danza protagonizadas por dúas bailarinas galegas que nos van amosar a súa mirada dende xeracións e búsquedas diferentes. Amparo Martínez, bailarina formada en danza clásica e contemporánea nos anos 80, en Santiago de Compostela, Barcelona e New York. Unha pioneira desta disciplina en terras galegas que estará na velada no sábado coa sua nova creación “O NOSO”onde os recordos e o pasado voltan ao corpo de Amparo nun diálogo único e íntimo compartido co público. Alejandra Balboa, creadora e intérprete que ten participado en ciclos e festivais coma “Corpo (a) Terra”, “Atopémonos Bailando”, “Ciclo Propulsa” e foi finalista no “Certamen Sólodos en Danza” de Ourense. Ven ao gorrilla a compartir a súa nova línea de investigación, onde a torpeza humana, o pudor e o poder da transformación son os protagonistas da peza “Lo que me contaron las piedras”. Ambas propostas de danza son estreas absolutas, polo que non te perdas este peche de tempada!

Como en todas as edicións anteriores, a entrada é libre e inversa, con prezo mínimo recomendado de 3€ por bolo, xa que a cultura é libre pero non gratuita.

Máis

Hora

25 xuño, 2022 22:00(GMT+02:00)

Localización

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events